Un proxecto dos galps galegos

Turismo mariñeiro e pescaturismo en Galicia
Impulsamos un novo xeito de descubrir a riqueza mariñeira galega, conectando visitantes coas nosas tradicións e modos de vida costeiros.
Achegámoste ao máis noso da costa galega
Este proxecto de cooperación entre os oito GALP de Galicia nace para impulsar o turismo mariñeiro e a pesca–turismo, crear novas oportunidades no sector pesqueiro galego e poñer en valor a nosa cultura mariñeira. A través de formación, titorías, experiencias reais e accións de promoción, queremos apoiar ás comunidades costeiras para que poidan emprender actividades turísticas sostibles e vinculadas ao mar.
Novas
Mar e Rías Pesca & Turismo lanza unha oferta de cursos en liña para reforzar a capacitación na pesca turismo e turismo mariñeiro
O proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo pon en marcha unha oferta de formación complementaria dirixida a persoas que desenvolven actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro, así como a aquelas interesadas en emprender neste ámbito. A iniciativa busca reforzar competencias clave vinculadas á atención ao público e á…
A xornada técnica Pesca&Turismo reúne en Noia ao sector pesqueiro galego para impulsar un modelo común de turismo mariñeiro
Noia, 12 de decembro de 2025. O Casino de Noia acolleu hoxe a Xornada Técnica Pesca&Turismo, un encontro promovido polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos que reuniu profesionais do mar, representantes das administracións e entidades relacionadas co ámbito marítimo-pesqueiro para analizar os retos e oportunidades…
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro galegos impulsan o diálogo sobre o futuro do turismo mariñeiro en Noia coa súa Xornada Técnica Pesca&Turismo
O Casino de Noia acollerá o próximo 12 de decembro a Xornada Técnica Pesca&Turismo, un encontro que reunirá profesionais do mar, representantes das administracións e persoal técnico nun debate aberto sobre o futuro do turismo mariñeiro en Galicia. A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 17:30 horas e forma…
Os Grupos de Acción Local Galegos impulsan o turismo mariñeiro galego co proxecto Mar e Rías Pesca&Turismo
Comezan as actividades dun proxecto de cooperación promovido por todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia para a promoción do turismo mariñeiro e pesca turismo no sector Pesqueiro. Os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia uníronse na promoción do proxecto de cooperación…
Unha rede galega de turismo mariñeiro
Coñece como estamos a transformar o turismo mariñeiro en Galicia. Descubre experiencias únicas que conectan a tradición pesqueira coa innovación turística. Participa e sé parte deste movemento que revitaliza as nosas comunidades costeiras.