Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

Congreso Internacional de Pescaturismo e Turismo Mariñeiro en Galicia

O Congreso Internacional de Pescaturismo e Turismo Mariñeiro celebrarase en Sanxenxo como un evento de referencia en Galicia para profesionais do sector pesqueiro, turístico e da economía azul.

O congreso abordará cuestións clave como o pescaturismo en Galicia, o turismo mariñeiro sostible, a diversificación da pesca artesanal e a valorización dos produtos do mar, con participación de expertos nacionais e internacionais que compartirán casos de éxito e estratexias de innovación e comercialización.

Ademais, incluirá experiencias prácticas de turismo mariñeiro, achegando actividades reais como o marisqueo, o traballo das redeiras ou a actividade nas lonxas.

Un punto de encontro clave para impulsar o desenvolvemento sostible, o turismo mariñeiro e a economía azul en Galicia.

Aforo presencial completo

O aforo presencial do Congreso Internacional de Pescaturismo e Turismo Mariñeiro está completo.

Se queres participar no Congreso, aínda podes inscribirte na modalidade online e seguir as diferentes sesións mediante streaming durante a xornada do 15 de outubro de 2026. Ou, se prefires asistir presencialmente, solicitar a túa incorporación á lista de espera.

A participación online é gratuíta.

Como funciona a participación online?

A modalidade online permite seguir as diferentes sesións do Congreso en directo por streaming.

Unha vez formalizada a inscrición, recibirás por correo electrónico, antes do inicio do evento, as instrucións e o enlace de acceso ao streaming.

A participación online non inclúe as actividades prácticas, visitas e experiencias presenciais programadas no marco do Congreso.

Importante: o enlace de acceso ao streaming será enviado exclusivamente ás persoas que formalicen a súa inscrición online. Revisa a túa caixa de entrada e, se non recibes o correo, comproba tamén a carpeta de spam ou correo non desexado.

Anotate a lista de espera

Se prefires participar presencialmente, podes solicitar a túa incorporación á lista de espera.

En caso de producirse algunha cancelación, contactaremos coas persoas inscritas na lista de espera seguindo a orde correspondente.

As actividades prácticas, visitas e experiencias presenciais están reservadas ás persoas participantes na modalidade presencial.

Como chegar?