Cursos Presenciais de Pesca&Turismo

Formación en turismo mariñeiro e pesca-turismo

Os cursos presenciais de pesca turismo foron deseñados como unha oportunidade para diversificar a actividade dentro do sector pesqueiro, ofrecendo novas vías de desenvolvemento económico vinculadas ao coñecemento e á experiencia no mar.

Esta acción formativa, de carácter gratuíto, estivo dirixida a traballadores e traballadoras do sector pesqueiro, incluíndo o ámbito marisqueiro e as actividades auxiliares, interesados en explorar alternativas complementarias ao exercicio tradicional da súa profesión.

Ao longo das sesións, o alumnado recibiu unha formación práctica e adaptada á realidade do sector, abordando contidos útiles tanto para aquelas persoas sen experiencia previa en emprendemento como para quen xa conta con traxectoria profesional e busca ampliar as súas liñas de actividade.

Cursos nos oito GALPs Galegos

O programa combinou coñecementos teóricos cun enfoque aplicado, facilitando ferramentas concretas para o deseño e posta en marcha de iniciativas de pesca turismo. Ademais, incluíu titorías individuais, nas que cada participante puido traballar de maneira personalizada no desenvolvemento do seu proxecto, resolvendo dúbidas específicas e adaptando as ideas á súa realidade profesional.

Tamén se ofreceu acompañamento nas fases iniciais de cada proposta, así como orientación estratéxica para desenvolver iniciativas coherentes co territorio, sostibles e aliñadas co valor do coñecemento mariño.

Estes cursos contribuíron a reforzar a capacitación do sector, impulsando novas oportunidades que poñen en valor a cultura pesqueira e fomentan unha relación máis directa entre a sociedade e o medio mariño.