Xornada Técnica

Xornada Técnica Pesca&Turismo

A formación é un dos piares fundamentais do proxecto. A través dun programa formativo integral e dun acompañamento continuo, búscase apoiar ao sector pesqueiro e acuícola na creación de produtos turísticos mariñeiros sólidos, seguros e viables.

O programa está dirixido a pescadores, mariscadoras, redeiras e outros profesionais do mar interesados en emprender no ámbito do turismo mariñeiro ou da pesca-turismo. Trátase dunha formación práctica, adaptada aos horarios do sector e orientada á posta en marcha de proxectos reais, con apoio técnico e profesional en todas as fases do proceso.

Obxectivos da Xornada Técnica

  • Fomentar a coordinación institucional e sectorial no ámbito do turismo mariñeiro e a pesca–turismo.

  • Analizar os retos e oportunidades para as empresas e profesionais do mar.

  • Presentar ferramentas, experiencias e boas prácticas para impulsar iniciativas locais.

  • Establecer unha axenda común para o desenvolvemento sostible desta actividade en Galicia.

Non puideches asistir? Podes ver o streaming en Youtube

Estate ao día grazas ao noso calendario